Canedo.eu
   

INICIO   


MENÚ PRINCIPAL:
Portada
INICIO CANEDO HOXENDÍA MEMORIA PROPIO ALLEO SORPRESA REPORTAXE MIXTURA UTILIDADES ARQUIVADOR CONTACTO

 
 

Cole


 

ÍNDICE ALFABÉTICO DOS PRINCIPAIS TRABALLOS

• Desplega a lista anterior, coloca o cursor nos títulos para obter información e escolle o traballo que queiras ver.
• Esta selección de temas é só un "expositor", non unha lista exhaustiva.
• Navegando polos menús da beira esquerda é como se poden atopar tódolos traballos.


Buscador interno

    Este é un buscador exclusivo de canedo.eu. (A/s palabra/s que poñas será/n buscada/s só neste sitio.)


CdAm.gif
Aquí indicamos as últimas achegas incorporadas ós contidos deste sitio.

(A lista vai de abaixo para arriba. A notación da cima é a última incorporación)
      Fíxate que hai un enlace directo en cada notación e que colocando o punteiro por riba do icono DATA obtés o día en que se puxo a actualización.

26 Setembro 2011  Amplío o traballo anterior coas entidades de poboación de cada parroquia e mapas dos Concellos. Ver.
16 Setembro 2011  "Comarca de Ourense.- División administrativa por parroquias.", en NO OURENSE DE ARESTORA.
23 Xuño 2011  Completamos (cun anexo) "As mudanzas da cidade", en MEMORIA DE OURENSE.
15 Xuño 2011  Engadimos 2 anexos ó final de "As mudanzas da cidade", en MEMORIA DE OURENSE.
6 Xuño 2011  "As mudanzas da cidade", en MEMORIA DE OURENSE.
30 Abril 2011  "Celanova e arredores", en REPORTAXE GRÁFICA.
13 Marzo 2011  "Feiras de mes na provincia de Ourense", en SERVICIOS E UTILIDADES.
25 Febreiro 2011  "A futura estación do AVE", en TEMAS DE CANEDO.
11 Febreiro 2011  "Prospectos do Cine Yago", en FOTOS SORPRESA.
18 Decembro 2010  "As varias Burgas de Ourense", en NO OURENSE DE ARESTORA.
17 Decembro 2010  "O tempo en Ourense." Previsión para 4 días. En SERVICIOS E UTILIDADES.
20 Nvbro. 2010  Engado 4 fotos en FOTOS SORPRESA.
6 Novembro 2010  "As máis sonadas augas minero-medicinais de Galicia", en SERVICIOS E UTILIDADES.
31 Outubro 2010  Personalizo o Mapa de Ourense fornecido por Google que está en SERVICIOS E UTILIDADES.
17 Outubro 2010  Vídeo de RTVE sobre Ourense, en MISCELANEA.
3 Outubro 2010  "Un Libro de M.F.Sobrino", en TEMAS DE CANEDO.
27 Setembro 2010  Paso as web-cams de Ourense da RTVG para NO OURENSE DE ARESTORA.
27 Setembro 2010  "Efemérides e Santoral do día", en SERVICIOS E UTILIDADES.
16 Xuño 2010  "Cálculo das Festas Movibles de calquera ano", Utilidades, SERVICIOS E UTILIDADES.
28 Maio 2010  "Contribución á Toponimia de Canedo", en TEMAS DE CANEDO.
18 Abril 2010  FOTOS SORPRESA Foto do primeiro Sobrino e esposa e comentarios a outras cinco fotos que xa estaban.
31 Marzo 2010  EL APELLIDO "CANEDO" en TEMAS DE CANEDO.
21 Marzo 2010  Poño uns videos de trucos caseiros en MISCELANEA: ECOS ALLEOS
27 Febreiro 2010  OROGRAFÍA DE CANEDO en TEMAS DE CANEDO.
2 Febreiro 2010  "Escultura Urbana do Concello de Ourense" en NO OURENSE DE ARESTORA.


Presentación

Eu son un mozo que naceu en Canedo (Ourense) hai moitos, moitos, anos. Tantos que xa me deron o retiro. Isto quere dicir que deixarei o traballo, pero non de traballar, se se me quere entender. Deixo ese traballo do que falan os economistas, pero non aquelas ocupacións que me poidan gratificar persoalmente.  Con este gallo quero facer cousas que ata o dagora non podía. Unha delas é esta de ter un dominio de internet (como páxina persoal) no  que verter a mestura das cousas que se me vaian ocorrendo en cada un seu momento, aquelas outras que os visitantes e amigos me queiran enviar e, moi especialmente, variados temas relacionados con Ourense e Canedo, sempre co ánimo ben disposto para tratalos con cariño, tanto se son de louvanza, de crítica ou, simplemente, de divulgación.
Aparte de opinións, pareceres e, incluso, recordos gostaríame facer disto un sitio de defensa do país e paisanos de Galicia, en xeral, e da cidade e cidadáns de Ourense, en particular. Estou aberto a todo aquel que me queira comunicar algo.
              ¡Ah! O meu nome é
                                             

Maio, 2006


© M.D.Q.