MEMORIA DE OURENSE    


Evolución urbana


Xuño-Outubro, 2007.-- Presento un plano dinámico que trata de reflexar (grosso modo) o desenvolvemento urbano da cidade de Ourense ó longo do tempo. É unha serie de tres capítulos. O primeiro comeza co Ourense que deixou o bispo D. Lourenzo. Deste bispo, que rexeu diócese e cidade dende 1213 ata 1248, poderíase decir que foi un refundador de Ourense. Aparte de rehabilitar a Ponte Romana (que estaba derruida), de reconstruír ca traza actual o pazo episcopal (hoxe Museo Arqueolóxico) e de darlle un gran pulo á Catedral, foi un eficaz impulsor da urbe, ata tal xeito que a estructura e os lindes que el deixou son os que se mantiveron permanentes ata ben entrado o século XIX.

O segundo capítulo da serie comeza ca chegada do ferrocarril (daquela, a modernidade) no ano 1881 e o terceiro, en 1943, ca anexión do Concello de Ponte-Canedo.

Setembro, 2008.-- Engado un novo plano, máis hipotético que documentado, que mostra os estados previos ós outros tres. Abarcaría dende os comezos ata 1248.

Cada capítulo consta de dous arquivos: Un GUIÓN orientativo e o seu correspondente PLANO ACTIVO.

Do principio a 1248  ( Ver Historia ) Plano activo (0)
De 1248 a 1880Guión (1) Plano activo (1)
De 1881 a 1942Guión (2)

Plano activo (2)

De 1943 a 2007Guión (3)

Plano activo (3)

Como complemento fotográfico deste último plano podes ollar a vista aérea que temos na sección "FOTOS DE OURENSE". (Podes ir desde o Menú principal, pero tamén tés aqui un atallo)

Índice

© M.D.Q.-2007