Presentación
Eu son un mozo que naceu en Canedo
(Ourense) hai moitos, moitos, anos. Tantos que xa me deron o retiro.
Isto quere dicir que deixarei o traballo, pero non de traballar, se se
me quere entender. Deixo ese traballo do que falan os
economistas, pero non aquelas ocupacións que me poidan
gratificar persoalmente. Con este gallo quero facer cousas que
ata o dagora non podía. Unha delas é esta de ter un
dominio de internet (como páxina persoal) no que
verter a mestura das cousas que se me vaian ocorrendo en cada un seu
momento, aquelas outras que os visitantes e amigos me queiran enviar e, moi especialmente, variados temas relacionados con Ourense e Canedo, sempre co
ánimo ben disposto para tratalos con cariño, tanto se son de louvanza, de crítica ou, simplemente, de divulgación.
Aparte de opinións, pareceres e, incluso, recordos gostaríame facer disto un sitio de defensa do país e paisanos de
Galicia, en xeral, e da cidade e cidadáns de Ourense, en
particular. Estou aberto a todo aquel que me queira comunicar algo.
¡Ah! O meu nome é
Maio, 2006