Orografía de Galicia

(Enredando co relevo do país)


1.-              2.-              3.-       


A orografía dun país pódese representar de diversas maneiras. Aquí optouse por un sistema que, sabemos, é pouco ortodoxo e nada convencional. Tal sistema pode aportar un coñecemento intuitivo (máis que racional), que será útil, cando menos, para introducir no tema das altitudes de Galicia ás persoas non familiarizadas con el.

Trátase duns mapas dinámicos que poderíamos cualificar de "xeografía-ficción".

Se lle chamamos así é porque parten dunha hipótese utópica (esperemos que por moitos séculos): a subida do nivel do mar en "oleadas" de 100 en 100 metros de altura. Así cada marea equivale a unha cota. En cada unha desas ficticias medras imos vendo o territorio que queda por riba da cota sinalada.

Empezamos con tramos verticais de 100 m., pero nos finais, ó ir quedando menos elementos que amosar, vanse reducindo os intervalos.

Para entendelo ben, o mellor é ve-lo. Pulsa en MAPAS para seguir.

Hai unha segunda parte concebida coma un pasatempo na que se pode argallar un mapa (total ou parcial) por altitudes. Para pasa-lo rato. Se se quere pódese face-lo percorrido no sentido inverso ó dos mapas anteriores. Tamén se pode combinar -en calquera momento- co "panel de toponimia".

A parte 3ª é unha pequena recompilación de datos (serios).

1.-

2.-

3.-

Manzaneda Limia Verin