CONTIDOS:
LISTA PRINCIPAL:
- Relaciónanse os distintos viales da cidade (salvo os daqueles que chamamos "Conxuntos temáticos") por orde alfabética.
- As rúas con nome de persoas están ordenadas unhas veces polo nome e outras polo apelido, segundo o uso máis habitual. Así, por ex., Vicente Risco está polo “V” (porque todos pronuncian as dúas palabras) e, en cambio, a rúa contigua adicada a Santiago Ramón y Cajal está polo “R” porque ninguén usa o “Santiago” para nomeala.
- Os apuntes de localización relativos están todos referidos á Praza Maior, excepto en A Ponte onde o punto referencial é a Praza Luís Fernández na que, en tempos, estivo o Concello.
- Podes pulsar CTRL + F para buscar unha palabra.
CONXUNTOS TEMÁTICOS:
- A lista anterior non inclúe os nomes correspondentes a algunhas series temáticas ubicadas en determinados barrios. Estas -para aforrar espacio- están presentadas por grupos, acompañados dos correspondentes planos.
© M.D.Q.-Ourense, Octubro 2012
(Revisado: Maio 2015; Stbro. 2020)