
canedo.eu

De Oviedo a Santiago pódese facer o camiño por dúas rutas distintas: polo camiño do Norte (pasando por Mondoñedo, Vilalba e Sobrado dos Monxes) ou polo Camiño Primitivo (pasando pola Fonsagrada e Lugo). Este chámase Primitivo por ser o primeira ruta de peregrinaxe. Foi, precisamente, a que fixeron Afonso "o Casto" e a súa corte cando tiveron noticia do achado.
Despois dese primixenia camiñada foi, durante anos, a ruta principal ata que, co agrandamento do territorio e co traslado da capitalidade a León o futuro camiño Francés comezou a xestarse e prosperar.
No 2015 foi recoñecido pola UNESCO, xunto co camiño do Norte, coma Patrimonio da Humanidade.
A distancia desde Oviedo é de 321 Km. e en Galicia (desde o alto do Acevo), 173. Xunta co camiño Francés en Melide.
-----------------------------
Neste camiño pódense contemplar, entre outros, a Catedral de San Salvador de Oviedo (conxunto gótico dos ss. XIII-XVI), a Catedral de Lugo (románico s. XII) e as Murallas romanas tamén de Lugo.
Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:
A Fonsagrada - Baleira - Castroverde - Lugo - Guntín - Friol - Palas de Rei - Toques - Melide - Arzúa - O Pino -SANTIAGO.
(En Melide coincide co Camiño Francés e en Arzúa recolle unha variante do Camiño do Norte.)
Percorrido total.
Etapas recomendadas:
OVIEDO ➝ Grado ➝ Salas ➝ Tineo ➝ Borres ➝ Berducedo ➝ Grandas de Salime ➝ Alto do Acevo ➝ A Fonsagrada ➝ O Cadavo Baleira ➝ Lugo ➝ Ferreira ➝ Melide ➝ Arzúa ➝ Arca (O Pino) ➝ SANTIAGO
Foto: Propia
Foto: www.caminodesantiago.gal