logo
canedo.eu

Mapa Cam.Francés
Camiño de Santiago por excelencia, o de máis tradicción histórica e o máis coñecido internacionalmente.


O camiño Francés é o camiño de Santiago por excelencia, o de máis tradicción histórica e o máis coñecido internacionalmente. Xa o Códice Calixtino en 1125 se preocupou –coma unha guía de viaxes- de describir con detalle todas as particularidades do percorrido. E a UNESCO, en 1998, declarou "Patrimonio da Humanidade" ao camiño de Santiago por Francia e España, declaración que sería ampliada en 2015 cos outros camiños (o do Norte, o Pimitivo e unhas derivaciós rexionais).

Cruza os Pirineos (por Roncesvalles ou Somport), pasa por Navarra/Aragón, A Rioxa, Burgos, León, Astorga, Ponferrada e entra en Galicia polo Cebreiro a 1296 m. de altitude. O punto galego máis alto será, pouco despois, o alto de Poio a 1.335 m.

Este camiño leva activo desde o século IX, pero nos ss. XI e XII os reis cristianos do norte de España e as xerarquías eclesiales probablemente visen no trazado do camiño francés unha posibilidade de estreitar lazos entre os reinos cristiáns do norte peninsular e tratarían de potencialo. Fose así ou non o caso é que este camiño foi favorecido e protexido por reis, nobres e ordes relixiosas que o dotaron de infraestruturas (estradas e pontes) por unha parte e servizos (aloxamentos e hospitais) por outra. Incluso houbo reis que se preocuparon de crear novos poboados na ruta con foros propios, coñecidos como burgos francos, como, por exemplo, Jaca, Estella ou Villafranca del Bierzo.

No século XII é un itinerario masivo, cosmopolita e integrador de culturas. E así seguiría sendo ata o século XVI. Durante varias centurias recorrería diversos paises europeos e logo, na península, cruzaría ao través dos distintos reinos independentes coma un regueiro de xente allea a nacionalismos, un fluído humano de fervor homoxéneo.
----------------------------------
Este camiño orixínase en Francia contando con catro puntos de inicio. Tres de eles (incluíndo o de París) conflúen en Ostabat, a 20 km. de Saint Jean Pied de Port, lugar previo ao paso de Roncesvalles (Navarra,1066 m.s.n.m.). O 4º punto, procedente de Arlés e Toulouse (no SE do país), entra polo porto de Somport, lugar fronteirizo a 1.632 m. de altitude, e prosegue a Jaca (Aragón).

Saint Jean Pied de Port (“San Xoan Pé de Porto”) é unha pequena vila medieval, Patrimonio da Humanidade, escollida tradicionalmente por moitos peregrinos, incluso españois, como punto inicial de partida.

Ambas rutas (a navarra e a aragonesa) coincidirán en Puente la Reina (Navarra) onde o camiño unificado, aínda que con algunha pequena variante, continuará cara Galicia. En Ponferrada hai un posible desvío, un novo camiño chamado "camiño de Inverno".

A entrada a Galicia do camiño francés é polo porto do Poio, en Pedrafita do Cebreiro. Vinte km. máis adiante, pasada Triacastela, o camiño ten dúas variantes: a de San Xil (máis curta) e a de Samos (coa sonada abadía bieita). Volveranse xuntar en Aguiada, antes de Sarria.

En Melide coincide co "camiño Primitivo" e en Arzúa co "camiño do Norte". O percorrido por Galicia é de 155 km. por San Xil e de 162 por Samos.

O percorrido dende Roncesvalles é duns 790 km. cunha duración media, facéndoo a pé, de 31- 35 días. Pola ruta aragonesa hai uns 80 km. máis.

No percorrido total hai multitude de obras artísticas e monumentais. A modo de exemplo:

★ Real Colexiata de Roncesvalles (gótico do s. XII),
★ Catedral de Pamplona, gótico s. XIV,
★ Ciudadela (s. XVI) e Catedral románica de San Pedro (s. XI), de Jaca,
★ Ponte románica de Puente la Reina (s. XI, feita aposta para os peregrinos),
★ Concatedral de Sta. María da Redonda, en Logroño (barroco, s. XV),
★ Santo Domingo da Calzada (hospital de peregrinos -orixe da cidade-, muralla s. XIII e Catedral),
★ Catedral de Burgos (gótico francés, iniciada en 1221),
★ Cidade de Carrión dos Condes (Palencia) co mosteiro de Sta. Clara (s.XIII),
★ Igrexa de San Martiño de Tours, de Frómista (Palencia) (románica do s. XI),
★ Catedral de León (gótico, s. XIII),
★ Catedral de Astorga (transición gótico a barroco, ss. XV-XVIII) e Pazo episcopal (neogótico, de Gaudí),
★ Castelo templario de Ponferrada (románico, s. XII),
★ Vilafranca do Bierzo (formada a partir dun asentamento de monxes -no s. XI- para a atención de peregrinos),
★ Mosteiro de San Xulián de Samos, bieito, s. VI,
etc.



Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:

  PEDRAFITA DO CEBREIRO - Triacastela - Samos - Sarria - Paradela -Portomarín - Monterroso.- Palas de Rei - Melide - Arzúa - O Pino - SANTIAGO DE COMPOSTELA
-------------------------
No Municipio de Samos hai dúas rutas alternativas.



Percorrido total.
Etapas recomendadas:

(Saint Jean Pied de Port) ➝ RONCESVALLES ➝ Zubiri ➝ Pamplona ➝ Puente la Reina ➝ Estella ➝ Los Arcos ➝ Logroño ➝ Nájera ➝ Santo Domingo de la Calzada ➝ Belorado ➝ San Juan de Ortega ➝ Burgos ➝ Hornillos del Camino ➝ Castrojeriz ➝ Frómista ➝ Carrión de los Condes ➝ Calzadilla de la Cueza ➝ Sahagún ➝ El Burgo Ranero ➝ Mansanilla de las Mulas ➝ León ➝ Villavante ➝ Astorga ➝ Rabanal del Camino ➝ Ponferrada ➝ Villafranca del Bierzo ➝ O CEBREIRO ➝ Triacastela ➝ Sarria ➝ Portomarín ➝ Palas de Rei ➝ Melide ➝ Arzúa ➝ Arca (O Pino) ➝ SANTIAGO



Monumento ao Peregrino - Carrión de los Condes

   Foto: Propia

I. de San Martiño de Tours - Frómista (Palencia)

   Foto: Propia

Gran frecha amarela - Frómista (Palencia)

   Foto: Propia

Burgos . Arco de Sta. María

   Foto: Propia

Ponte no Concello de Sarria

   Foto: www.caminodesantiago.gl

Peregrinos no Monte do Gozo

   Foto: www.caminodesantiago.gal



Retroceder             Cerrar             Seguir