t Cam. de Inverno

   logo
canedo.eu

Mapa Cam.de Inverno
Derivación en Ponferrada do Camiño Francés para evitar as invernías do Cebreiro, entrando en Galicia polo val do Sil


Esta ruta é unha derivación, en Ponferrada, do Camiño Francés. Desde alí son 263 km. É un camiño que se pode cualificar de histórico. A súa utilización comezou xa na Idade Media en tempadas de inverno cando os camiñantes do camiño francés se enteraban ao chegar a Ponferrada de que non poderían pasar o porto de Pedrafita do Cebreiro por mor da neve. Entón aprenderon unha desviación que foi considerada "camiño de Inverno". Pasa polas comarcas do Bierzo (en León), Valdeorras, Quiroga, Terra de Lemos, Chantada, Deza e Santiago.

En Lalín coincide ca camiño do Sueste e desde alí van unificados.

Na primeira etapa despois de Ponferrada, pódense ver Las Médulas, paisaxe cos restos impresionantes dunha explotación aurífera a ceo aberto dos romanos. Está declarado Patrimonio da Humanidade.

En Monforte de Lemos pode admirarse o mosteiro de San Vicente do Pino, iniciado no s. IX e continuado en distintos séculos co cal mestura estilos (románico, gótico de transición, neoclásico, renacentista e barroco). Ou así mesmo o colexio de Nosa Señora da Antiga, herreriano, ss. XVI-XVII.



Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:

Rubiá - Carballeda de Valdeorras - O Barco de Valdeorras - Vilamartín - A Rúa - Quiroga - Ribas de Sil - A Pobra de Brollón - Monforte de Lemos - Pantón - O Saviñao - Chantada - Rodeiro - Lalín - Silleda - Vedra - SANTIAGO.

Percorrido total. Etapas recomendadas:

PONFERRADA ➝ Las Médulas ➝ O Barco de Valdeorras ➝ A Rúa de Valdeorras ➝ Quiroga ➝ Monforte de Lemos ➝ Chantada ➝ Rodeiro ➝ Lalín ➝ Silleda ➝ Ponte Ulla ➝ SANTIAGO



Serra da Enciña da Lastra

   Foto: www.caminodesantiago.gal

Ponte da Cigarrosa.A Rúa / Petín

   Foto: Propia



Retroceder             Cerrar             Seguir