logo
canedo.eu

Mapa Cam.do Sueste
Tamén chamado Vía da Plata, por coincidir nunha gran longura con esa vía.
Procede do sur de Andalucia e entra en Galicia polo sueste de Ourense.


A Vía da Plata era unha calzada romana do s. I a. C. que enlazaba Augusta Emerita con Asturica Augusta, e dicir, Mérida con Astorga. O nome non ten nada que ver co metal de prata. Aínda que non hai un consenso sobre a orixe dese nome é aceptado que é unha evolución por etimoloxía popular. Esta para uns sería do árabe al-Balaāt (pavimento). Para outros dun tardío vía Delapidata (vía empedrada). No Itinerario de Antonino correspóndese cun tramo (Mérida-Zamora) de calzada XXIV e con outro (Zamora-Astorga) da XXVI.

Por parte desta ruta avanzou Almanzor no ano 997 para asolar Santiago (aínda que ordenara respectar a tumba do Apóstolo) levándose as campás da catedral para Córdoba de onde volverían, pola mesma ruta, no 1236.

O “camiño” non se corresponde exactamente con esa ruta pero danlle ese nome porque transcorre por gran parte dela. Principia en Sevilla, continua a Mérida (onde si é Via da Plata) e segue por esta Via cara o Norte ata o concello de Granja de Moreruela (38 km.despois de Zamora). Alí pódese seguir a Via da Plata ata Astorga onde se enlazará co camiño Francés, pero a alternativa máis común e coller o desvío chamado camiño Sanabrés. Este, despois de cruzar a comarca de Sanabria, entrará en Galicia pola portela da Canda (concello da Mezquita) e continuará, ata A Gudiña. Alí hai unha variante por Laza e outra por Verín (que recolle unha ruta menor procedente de Chaves). Vólvense xuntar as variantes cerca de Ourense, no concello de Taboadela. Máis adiante, en Lalín, xuntarase co camiño de Inverno.

Este camiño é o de uso máis tardío e o seu apoxeo non viría ata os anos 1250, despois de que Fernando III conquistase Cordoba e Sevilla.

(Advírtase que con este nome de Sueste pode haber algunha confusión. Aquí referímonos ao sueste de Galicia, pero tamén pode ser que se fale do camiño do Sueste referíndose ao sueste de España. Esta sería unha ruta que vai de Alacante a Astorga onde se une ao Camiño Francés.)

Distancias aproximadas:



Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:

A Mezquita - A Gudiña - Vilariño de Conso - Castrelo do Val - Oimbra - Laza - Sarreaus - Vilar de Barrio - Xunqueira de Ambía - Baños de Molgas - Paderne de Allariz - Taboadela ...
Verín - Monterrei - Riós - Vilardevós - Cualedro - Trasmiras - Xinzo de Limia - Sandiás - Xunqueira de Ambía - Allariz - Taboadela ...

... San Cibrao das Viñas - Ourense - Coles -Amoeiro - Vilamarín - Ampoeiro - San Cristovo de Cea - Piñor - Dozón - Lalín - Silleda - A Estrada - Vedra - Boqueixón - SANTIAGO

(Desde Lalín coincide co camiño de Inverno)

O percorrido total desde Sevilla pódese facer en 37 etapas vindo por Laza; 40 por Verín.

Etapas recomendadas desde Sevilla:

SEVILLA ➝ Guillena ➝ Castilblanco de los Arroyos ➝ Almadén de la Plata ➝ Monesterio ➝ Fuente de Cantos ➝ Zafra ➝ Villafranca de los Barros ➝ Torremejía ➝ MÉRIDA ➝ Alcuéscar ➝ CÁCERES ➝ Embalse de Alcántara ➝ Grimaldo ➝ Carcaboso ➝ Aldeanueva del Camino ➝ La Calzada de Béjar ➝ Fuenterroble de Salvatierra ➝ San Pedro de Rozados ➝ SALAMANCA ➝ El Cubo del Vino ➝ ZAMORA ➝ Montamarta ➝ GRANJA DE MORERUELA ➝ ➝

(C. Sanabrés) GRANJA DE MORERUELA ➝ Tábara ➝ Santa Marta de Tera ➝ Mombuey ➝ Puebla de Sanabria ➝ Lubián ➝ A GUDIÑA ➝
------------------
(Desvío por Laza) A GUDIÑA ➝ LAZA ➝ Xunqueira de Ambía ➝ OURENSE ➝

(Desvío por Verín) A GUDIÑA ➝ As Vendas da Barreira ➝ VERÍN ➝ Viladerrei ➝ Xinzo de Limia ➝ Allariz ➝ OURENSE ➝
-------------------
(Últimos 104 km.) OURENSE ➝ San Cristovo de Cea ➝ O Castro de Dozón ➝ Silleda ➝ Outeiro ➝ SANTIAGO DE COMPOSTELA



Igrexa de Vilaza (Verín)

   Foto: Propia

Sta. María a Real de Xunqueira de Ambía

   Foto: Propia

Ourense

   Foto: propia



Retroceder             Cerrar             Seguir