
canedo.eu
O camiño de Portugal ten basicamente dúas rutas: unha que entra en Galicia por Tui cruzando o Miño por unha ponte e outra que entra pola Guarda despois de cruzalo río en barca. A primeira é coñecida como Ruta Central e procede de Lisboa ou de O Porto. A segunda, Ruta da Costa, iníciase en O Porto e vai recorrendo a costa portuguesa. Actualmente (dende hai uns 15 anos) estase a recuperar outra ruta, seica histórica, pero esquecida moito tempo, a chamada ruta do Interior. Esta comeza en Viseu, pasa por Vila Real e alí colle cara Verín onde enlazará co camiño do SE.
As dúas primeiras (Central e Costa) xúntanse en Redondela continuando así, xa unificadas, ata Santiago de Compostela.
Na ruta da Costa (unha vez en Galicia) pode visitarse A Guarda (co castro de Santa Trega), Baiona e Vigo. Na ruta do Interior pódese contemplar a Catedral de Sta. María de Tui (románico s. XII con reformas góticas posteriores). Máis adiante, xa co camiño unificado, pásase por Pontevedra onde se poden ver, entre outros, a Real Basílica de Santa María a Maior, extraordinario exemplo do gótico galego (s. XVI), e a peculiar Igrexa da Virxe Peregrina (do s. XVIII).
Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:
A GUARDA - O Rosal - Oia - Baiona - Nigrán .-Vigo - REDONDELA ...
TUI - O Porriño - Mos - REDONDELA ...
... Soutomaior - Vilaboa - Pontevedra - Barro - Portas - Caldas de Reis - Valga - Pontecesures - Padrón - Teo - SANTIAGO
Percorrido total.
• Etapas recomendadas dende O Porto:
(Pola costa:)
O PORTO ➝ Povoa de Varzim ➝ Esposende ➝ Viana do Castelo ➝ Praia de Áncora ➝ Ponte da Lima ➝ A GUARDA ➝ Baiona ➝ Vigo ➝ Redondela ➝
------------------------
(Polo interior:)
O PORTO ➝ Fajozes ➝ Arcos ➝ Barcelos ➝TUI ➝ Redondela ➝
-----------------------
Redondela ➝ Pontevedra ➝ Caldas de Reis ➝ Padrón ➝ SANTIAGO
----------------------------------
• A ruta de Chaves-Verín ten 9 etapas por Portugal, 1 para o paso da raia e 7 polo Camiño Sanabrés. En total, de Viseu a Santiago, son 387 km.
Foto: Foto:propia
Foto:propia
Foto:propia