logo
canedo.eu

Mapa Cam.do Norte
Entra na península por Irún e bordea a costa cantábrica accedendo a Galicia por Ribadeo.


Este camiño nace en Irún e serpea pola cornixa cantábrica (por iso tamén se lle chama Camiño da Costa) ata chegar a Ribadeo onde pasa a ser un camiño interior.

Este camiño foi prioritario nos primeiros séculos porque se evitaba a cordilleira Cantábrica e porque estaba máis lonxe de calquera ataque islamista. Pero segundo avanzaba a Reconquista e os reinos musulmáns se ían alongando á vez que os poderes públicos favorecían ao camiño Francés foi perdendo relevancia a favor deste último

Un peregrino famoso foi San Francisco de Asís, no s. XIII, que chegou a Oviedo e a Santiago.
---------------------
O comezo do camiño está na fronteira francesa, concretamente en Irún, aínda que tamén hai peregrinos que o inician nos distintos portos cantábricos do recorrido. Ao chegar a Oviedo hai a posibilidade de cambiar de camiño xa que alí empeza o camiño Primitivo

Despois de Oviedo continúa ata a ría de Ribadeo. Aquí, para entrar en Galicia había dúas opcións: ou cruzar en barco a ría, cousa que hoxe se fai pola ponte dos Santos, ou seguir algo ao sur, cara a ponte de Santiago de Abres, para cruzar o río Eo.
Ao chegar a Arzúa, pasa a compartir ruta co camiño Francés.
O percorrido total dende Irún é de 800 km.
--------------------
Neste itinerario pódense contemplar, entre outros monumentos, o seguinte:
★ Museo Guggenheim, de Bilbao,
★ Conxunto histórico de Castro Urdiales,
★ Pazo da Magdalena de Santander,
★ Catedral de Oviedo,
★ Catedral de Mondoñedo (románico e gótico, s. XIII),
★ Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes,
Etc.



Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:

RIBADEO - Trabada - Barreiros - Lourenzá - Mondoñedo - Abadín - Vilalba - Guitiriz - Bergonte - Friol - Sobrado - Vilasantar - Boimorto - Artzúa - O Pino - SANTIAGO DE COMPOSTELA
-------------------------
En Arzúa coincide co camiño Francés.

Percorrido total. Etapas recomendadas:

IRÚN ➝ San Sebastián ➝ Zarautz ➝ Deba ➝ Markina ➝ Guernica ➝ Lezama ➝ Bilbao ➝ Portugalete ➝ Castro Uridales ➝ Laredo ➝ Guemes ➝ Santander ➝ Arce ➝ Santillana del Mar ➝ Comillas ➝ Colombres ➝ Llanes ➝ Ribadesella ➝ Colunga ➝ Villaviciosa ➝ Gijón ➝ Avilés ➝ El Pito ➝ Ballota ➝ Luarca ➝ Navia ➝ RIBADEO ➝ Lourenzá ➝ Abadín ➝ Vilalba ➝ Baamonde ➝ Miraz ➝ Sobrado dos Monxes ➝ Arzúa ➝ Arca ➝ SANTIAGO



Camiño por Ribadeo

   Foto: www.caminodesantiago.gal

Camiño por Abadín

   Foto: www.caminodesantiago.gal

Sobrado dos Monxes

   Foto: www.caminodesantiago.gal



Retroceder           Cerrar           Seguir