
canedo.eu

Na Idade Media, pronto se estendeu por Europa a sona do descubrimento da tumba do Apóstolo e aínda que moitos peregrinos europeos facían a viaxe por terra tamén moitos outros (sobre todo de países mais lonxíncuos) facíano por mar desde os portos do sur de Inglaterra. Uns con chegada á Coruña e outros a Ferrol, para logo continuar a pé ata a catedral de Santiago.
A historia desta ruta comeza en 1147 cando foi utilizada por primeira vez polos membros dunha escuadra de cruzados europeos que ían a Terra Santa. Logo tivo momentos de gran afluencia. Sábese, por exemplo, que no ano 1434 arribaron á Coruña máis de 3000 peregrinos. Comezou a decaer no s. XVI coa reforma luterana e a ruptura de Enrique VIII co Igrexa católica. Estivo esquecida varios séculos ata que modernamente foi recuperada. Hoxe está recoñecida coma camiño delimitado oficialmente.
Ten dúas variantes iniciais, a da Coruña e a de Ferrol, confluíndo ambas na parroquia de Bruma, Concello de Mesía (onde se localiza a aldea Hospital, chamada así porque en 1175 se erixiu alí un hospital de peregrinos, o primeiro dese camiño). Desde alí Santiago está a uns 40 km.
Concellos de Galicia polos que pasa este camiño:
FERROL - Narón - Neda - Cabanas - Pontedeume - Miño - Paderne - Betanzos - Abegondo - Ordes - (Bruma)(1) - Mesía ... ...
A CORUÑA - Culleredo - Cambre - Carral - Ordes - (Bruma)(1) - Mesía ... ...
... ... Ordes - Oroso - SANTIAGO DE COMPOSTELA
-------------------------
(1) A parroquia de San Lourenzo de Bruma é un enclave do Concello de Mesía situado no Concello de Ordes.

Foto: Propia
Foto: Propia
Foto: abertos.xunta.gal
Foto: www.caminodesantiago.gal