Cruceiros de Santa Águeda


foto

Ao S.E. de Seixalvo, entre a antiga estrada nacional (agora OU-105) e a vía do tren, na cima dun pequeno promontorio, érguese unha capela de devoción popular adicada a Santa Águeda. No recinto de dita capela atopamos dous cruceiros. O primeiro no tempo, o orixinal do lugar, é un cruceiro de cruz situado fronte á fachada da ermida, ao carón dun miradoiro sobre Ourense. O segundo, un cruceiro de crucifixo plateresco, do s. XVII, estaba situado a uns metros de distancia, á beira do que hoxe é a vía, pero por medo as consecuencias que poideran producir as vibracions dos trens foi trasladado ao carón da capela, quedando a uns 14 metros de distancia do anterior.

foto foto

- Cruceiro "de Cruz"

-Cruz de sección octogonal con resaltes torneados nas puntas

Capitel cadrado simple replicado no comezo do fuste

Fuste redondo salvo os dous extremos, cadrados.

Sen base nin plataforma: asentado nun penedo natural

- Cruceiro "de Crucifixo" (coa imaxe de Cristo na Cruz)

- Cruz de sección cuadrangular. No anverso un Cristo crucificado cunha caveira baixo os pés. No reverso, a Piedade e catro medallóns cos símbolos dos evanxelistas

- Capitel cuadrangular con caras de anxos

- Fuste de sección circular na parte inferior e cadrada na superior. Acanalado. Ten unha figura coñecida coma o Neno da Bola, salvador do mundo

- Base cuadrangular, con molduras

- Sen plataforma



   foto foto foto

Vista desde a ermida (Move a barra de desplazamento):



Posición xeográfica:
42.302647, -7.854038 (Último tramo acceso a pé)


Retroceder                      Cerrar                      Seguir