Cruceiro do alto do Cumial


foto

Subindo desde Seixalbo pola OU-105 (a ben antiga estrada de Madrid) ao chegar ao Alto do Cumial, no cruce, cóllese á dereita e alí mesmo está este cruceiro. A rúa chámase, precisamente, Rúa do Cruceiro e a casa que hai ao carón súa é o número 1. Este alto (o antigo montis Cuminalis) era o linde entre os cotos de Reboredo e de Seixalbo e hoxe eo dos Concellos de San Cibrao das Viñas e Ourense. Así na plataforma ten gravada unha "cruz de termo", que indica un punto lindeiro.

Foi erguido durante o episcopado do agostiño Fr. Agustín de Eura (1738-1763).

(Figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruceiro "de Crucifixo"

- Cruz latina rectangular. Nela atópase a figura de Cristo crucificado e no reverso a Virxe en actitude de pregar

- Capitel cuadrangular con adornos

- Fuste octogonal na parte superior e cadrado na inferior con gravados de diversos símbolos da paixón

- Base cuadrangular que remata arredondada, con inscripción, caveiras e unha cobra

- Plataforma cuadrangular de tres chanzos. Nas esquinas catro mollóns de protección.

foto




Posición xeográfica: 42.294211, -7.841061


Retroceder                      Cerrar                      Seguir