Cruceiro da Praza Maior de Seixalbo

+ Crucifixo na mesma vila


foto

Situado na Praza Maior de Seixalvo, localidade histórica declarada Núcleo de Interés Etnográfico. Na Idade Media era un poboado en terra de viñedos pertencentes ao Cabido Catedralicio. O lugar conserva o aspecto medieval, cheo de recovecos, rúas estreitas e construcións tradicionais.

Cruceiro plateresco con moito parecido co cercano de Santa Ádega e mais o da parroquia da Trindade. (Figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruceiro "de Crucifixo" (coa imaxe de Cristo)

- Cruz de sección cuadrangular. No anverso ten a figura de Cristo crucificado cunha caveira baixo os pés. No reverso, a Piedade sobre peana cuns anxos e medallóns cos símbolos dos evanxelistas

- Capitel cuadrangular con volutas e adornos vexetais

- Fuste de sección cadrada e circular, acanalado. Ten unha inscripción na que se le o ano 1760

- Base cuadrangular, con molduras nas arestas superiores

- Plataforma cuadrangular de tres chanzos

foto

          


Posición xeográfica: 42.304962, -7.856585


Retroceder                      Cerrar                      Seguir

Crucifixo no parque da Infesta

No extremo sur da vila, nunha das saidas, está o novo parque da Infesta. Nel hai unha pequena e pouco habitual construción consistente en dous píos de auga enfrontados e, sobresaíndo do medio, un crucifixo emulador dos crucifixos dos cruceiros. No anverso ten un Cristo e no reverso unha virxe.








SUBIR