Cruceiro de Ceboliño


foto

O encantador núcleo de Ceboliño preséntase encarriscado sobre unha pronunciada costa da vertente norte do Monte Alegre. E nunha encrucillada de rúas está unha praza na que se atopa a igrexa parroquial do Bó Xesús e, en fronte, ao carón dunha varanda sobor do val, o cruceiro.
(O cruceiro figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruceiro "de Cruz"

- Cruz de sección cuadrangular

- Capitel tamén cuadrangular e con molduras

- Fuste de sección octogonal (por riba) e cadrada (por abaixo)

- Base cúbica coas arestas achafranadas

- Sen plataforma.

foto
foto


Posición xeográfica: 42.340226, -7.826127


Retroceder                      Cerrar                      Seguir