Cruceiro de Palmés

+ Cruz na mesma parroquia


foto

En Palmés. Nunha praciña -Praza do Cruceiro- á entrada do núcleo, cerca da igrexa parroquial.

(O cruceiro figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruceiro "de Cruz" (sen imaxe de Cristo na Cruz). Cruz de sección romboidal

- Capitel cuadrangular, con molduras

- Fuste de sección octogonal na parte central e cadrada na parte inferior e superior

- Base cúbica. Inserta nesta había un peto para recoller esmolas. Queda o oco

- Plataforma cuadrangular de tres chanzos

- Diante ten unha gran mesa pousadoiro

foto

pousadoiro


Posición xeográfica: 42.362668, -7.942628


Retroceder                      Cerrar                      Seguir



Cruz de Naves

Na pista que vai de Palmés a Naves está o Campo de Futbol chamado "O Cruceiro". Diante del, sobre un penedo, está unha cruz de pedra. Non é exactamente un cruceiro (pois non cumpre os requisitos mínimos de ter cruz e fuste) senón unha simple cruz.

A uns 700 m. de Palmés e 400 de Naves.

SUBIR