Cruceiro da estrada de Casar do Mato


foto

Na estrada que vai desde Santa Cruz ata Casar do Mato, uns 350 m. antes deste lugar. Á beira do camiño montado sobre un pequeno desnivel.

Posiblemente sexa o cruceiro máis descoñecido para os ourensáns dado que está case ó linde do Concello e nunha estrada escasamente transitada.

Á parte diso hai que dicir que é unha peza certamente peculiar xa que se trata dun cruceiro pequeno (ten un fuste mínimo) acompañado dun pousadoiro realmente grande. Da a impresión de que o que se quixo facer foi a mesa e que o cruceiro o puxeron coma pretexto.

>

- É un cruceiro de cruz sendo esta de sección octogonal

- O fuste é continuación da cruz, pero moi pequeno

- Ten unha base cúbica decorada con liñas horizontais

- Plataforma de dous chanzos

- Pousadoiro de dúas lousas (achafranadas por debaixo) e tres pés torneados

- A cima do pousadoiro está ao mesmo nivel que a parte superior da base.



Posición xeográfica: 42.353769, -8.001192


Retroceder                      Cerrar                      Seguir