Cruceiro da Praza da Madalena


foto

En 1499 o Concello mercara, "para lecer dos veciños", un terreo no entón chamado camiño de San Lázaro, hoxe rúa do Concello. En 1718 montou alí un cruceiro que, co tempo, lle daría nome a ese lugar. Ese cruceiro foi desmontado cara 1967 cando se desmantelou media Alameda e, despois dalgún tempo gardado, foi para á praza da Madalena que é onde está hoxe.

(Figura no Inventario de Bens do Concello.)

- No anverso da cruz ten a figura de Cristo crucificado, cunha caveira baixo os pés, e no reverso a Virxe en actitude de pregar

- Chapitel formado por dúas medias esferas enfrontadas

- Fuste circular acanalado

- Plataforma cadrada de 3 chanzos.

foto

               


Posición xeográfica: 42.335741,-7.8632554



Retroceder                      Cerrar                      Seguir