Cruceiro da Estrela


foto

Dáselle este nome como recordo da súa localización tradicional, a rúa da Estrela. Actualmente está en San Francisco, ao carón da sección de Escultura do Museo. Por iso nalgúns sitios figura co nome de Cruceiro de San Francisco.

A rúa da Estrela hoxe son unhas escaleiras bastante levadeiras, pero antano era un camiño costoso e costento. A súa orixe está nos mediados do século XIV cando se construíu (ou "reconstruíu") o convento de San Francisco. Daquela o camiño natural para ir ao dito Convento era a rúa do Tendal da Figueira, saíndo pola súa porta, pero para facer un atallo abriron na cerca un "postigo" (unha porta pequena), o chamado, precisamente, Postigo de San Francisco. As características do tal atallo quedan reflictidas no nome que a xente lle deu: Quebracús.

(O cruceiro figura no Inventario de Bens do Concello.)


- Cruceiro dos chamados "de Cruz" (sen Cristo).
- Cruz de sección cadrada con remates florenzados nas puntas.
- Chapitel cilíndrico, con moldura.
- Fuste de sección circular.
- Base hexagonal.
- Plataforma hexagonal de dous chanzos.

Ao dia de hoxe vese abandonado e necesitado de labores de conservación.

foto


Posición xeográfica: 42.336561, -7.860529


Retroceder                      Cerrar                      Seguir