Cruceiro de Cudeiro


foto

Situado no histórico torreiro ("terreiro"), agora Praza do Torreiro, fronte da igrexa parroquial.
(Figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruz cuadrangullar que no anverso ten a imaxe do Cristo crucificado e no reverso a Virxe das Candelas, advocación desa parroquia. (Ten o Neno no brazo esquerdo e un rolo -unha vela- na man dereita.).
- Capitel con volutas e adornos vexetais.
- Fuste de sección circular, acanalado. No medio unha figura de peregrino. (Téñase en conta que o Camiño Real que pasa por aquí é unha das variantes -para saír de Ourense- do Camiño de Santiago da Vía da Prata. A outra alternativa é a Costiña de Canedo.)
- Base cúbica. Ten unha placa que informa da súa inauguracion xunto coa remodelación da praza o dia de San Pedro de 1996.
- Plataforma cuadrangular de 3 chanzos.

foto

     


Posición xeográfica: 42.367998, -7.860633


Retroceder                      Cerrar                      Seguir