Cruceiro de Canedo


foto

Logo do barrio de Santoufe, antes do de Pazo, e a pouco máis de 100 m. da igrexa parroquial de San Miguel de Canedo.

Está na beira da estrada, pero alguén tivo a peregrina idea de poñer ao seu lado un poste eléctrico de cemento que lle fai mala compañía e lle tapa a visión ao que ven de frente.

(Figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruceiro "de Crucifixo". Imaxe de Cristo crucificado. Boa talla, abandoada en canto a limpeza. Cunha caveira baixo os pés.

- Sen capitel.

- Fuste de sección cadrada nas partes inferior e superior, e octogonal na central.

- Base cúbica pequena

- No fuste ten unha inscrición: 1605

- Seica tiña plataforma, pero debeu quedar soterrada cando botaron o asfalto.

foto

    


Posición xeográfica: 42.357711, -7.917841


Retroceder                      Cerrar                      Seguir