Mapa dos Monumentos da Provincia de Ourense
> Fortaleza de Monterrei



CERRAR

A fortaleza de Monterrei non é un único monumento senón un espectacular conxunto, rodeado por 3 murallas, con distintas construccións históricas no interior do recinto.
Foi iniciada a súa construcción no século XII por Afonso Henríquez, neto de Alfonso VI.
No transcurso do tempo pertenceu a distintos liñajes como os Ulloa, Zúñiga, Viedma, Fonseca, Acevedo e Duques de Alba.
Cidadela de gran importancia nas Idades Media e Moderna albergou poboación ata mediados do século pasado. Hoxe as vivendas populares están derruidas, pero as instalacións nobiliarias atópanse nun estado de conservación aceptable. Das construccións conservadas pódense destacar:

  • Igrexa de Santa María de Gracia. É unha igrexa gótica do S. XIV-XV (cun retablo gótico en pedra e distintas imaxes interesantes) que era a parroquial da cidadela e arredores. É o edificio mais antigo dos conservados.
  • Torre das Damas. S. XIV.
  • Torre da Homenaxe. Erguida no S. XV (en tempos dos Reis Catóilicos) polo primeiro Conde de Monterrei.
  • Pazo dos Condes. Pazo renacentista dos SS. XVI-XVII.
  • Hospital de peregrinos (Fachada).
  • Patio de armas.
  • Dous recintos abaluartados, construidos na Idade Moderna, que co primitivo completa as tres liñas de defensa.
  • A menos dun kilómetro, en dirección norte (a parte máis vulnerable), unha atalaia defensiva do ano 1664.

Foi declarado Monumento histórico-artístico por Decreto de 3/6/1931.












CERRAR