Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas e Conxunto Histórico-Artístico da "Basílica da Asunción e Castro de Armeá"
Son bens que se corresponden con dúas declaracións patrimoniais: a 1ª, de 3/6/1931, é a da Igrexa de Santa Mariña, coma Monumento. A 2ª, de 16/5/1963, é a da "Basílica da Asunción -ou Forno da Santa- e o castro de Armeá", como Conxunto histórico.
O total de bens, ubicados en 3 lugares distintos -inda que próximos- da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Concello de Allariz) son os seguintes:
- Igrexa-Santuario de Santa Mariña de Augas Santas. Lugar: Santa Mariña. Románica. S. XII-XIII.
-
Pazo de verán do Bispo e Capela de Santo Tomé. Lugar: Santa Mariña.
-
Igrexa chamada Basílica de Asunción, promovida polos Templarios no S. XII. Deixada a medio facer.
-
A súa Cripta (subterránea). Popularmente "Forno da Santa". Construcción enigmática posiblemente relacionada coa cultura castrexa.
-
Castro de Armeá. Lugar: Armeá. Século I.
Hai pouco, nas proximidades da aldea de Armeá, decubríronse unhas estructuras pétreas que estan en proceso de investigación arqueolóxica.
Coordenadas dun dos posibles puntos de inicio de recorrido:
42.240850, -7.786599
CERRAR
|