OURENSE -EVOLUCIÓN URBANA
(1)
1-A enumeración do ano ha de entenderse
como meramente orientativa pois hai eventos que transcurriron nun proceso máis
ou menos dilatado no tempo.
2.- En xeral, danse os nomes actuais das
rúas para a súa mellor identificación.
1213-1248.- Goberno do bispo D. Lourenzo:
remate da Catedral (inda que non o definitivo), arranxo da Ponte Vella (que
estaba inutilizable) e ampliación urbanística (que conservará os lindeiros ata
o s. XIX).
S. XIII-XIV.- Construcción convento S.
Francisco, ó leste, nas aforas da
cidade. (En susbstitución doutro anterior, en Cimadevila, que fora queimado.)
-----------------------------
1432.- Cae –outra vez- a Ponte do Miño.
Durante as obras de restauración, que duraron case todo o resto do século, para
pasa-lo río había dous servicios de barca (de pago), pero nas épocas de estiaxe
podíase cruzar a pe, polo vao.
1467.- A revolta Irmandiña derruba
algunhas torres do Pazo Episcopal e o Castelo Ramiro, fóra da cidade.
1484.- Chegada do 1º Correxedor (enviado
polo Reis Católicos).
1486.-Acondicionamento da entón chamada
"Carnicería nova", hoxe Praza de S. Marcial.
1487.- Os xudeos son confinados na Rúa
Nova (Lamas Carvajal).
1499.- O Concello compra terreos para
recreo público no que dispois sería Alameda do Cruceiro .
Ó longo de todo o século XV fóranse construíndo ermidas en diversas campas de uso público: Posío, Portovello, Pía da Casca e San Lázaro.
-----------------------------
Comezos S. XVI.- Primeira Casa
Consistorial, na Praza do Campo (Praza Maior) .
s. XVI.- Reconstrucción Abadia Trindade.
Hospital de San Roque.
1521.- Capela dos Stos. Cósmede e Damián,
cerca da Porta da Fonte Arcada.
1522.- Capela de Nª Sra. dos Remedios.
------------------------------
1628.- A xurisdición do bispo sobre a
cidade, ostentada dende 1122, pasa ó rei.
1634.- Instálanse os dominicos na
Corredoira (Sto. Domingo), fóra da cidade. (Levaban en Ourense máis de dous
séculos, probablemente nunha casa da Rúa das Chousas.)
1636.- Id. os xesuitas na Rúa Nova (Lamas
Carvajal).
1697.- Nova Casa Consistorial.
---------------------------------
S XVIII.- Desaparecen 8 das 11 portas.
1722.- Igrexa Sta. Mª Nai. Substitución
do templo románico (do 1084) polo barroco actual.
1761.- Fachada da Igrexa de Sta. Eufemia.
1777.- Expulsión xesuitas. O bispado
faise cargo da Igrexa (que converte en
parroquia) e mais do convento-colexio.
---------------------------
1804.- Seminario, ampliando o ex-colexio dos xesuitas. Promovido polo bispo
Quevedo, o que máis tarde sería cardeal.
1833.- Cemiterio en S. Francisco.
1834.- Primeiro Teatro (hoxe Principal),
na Rúa dos Zapateiros.
1835.- Exclaustración monxes de San
Francisco.
1836.- Inicio obras Estrada
Villacastín-Vigo. (O Progreso está rematado ó redor de 1840. O resto da
estrada, en distintos tramos, en 1861.)
As
obras eliminan a ermida da Nosa Señora do Posío. A imaxe vai para un fornelo no
xardín das Burgas.
1837.- Acondicionamento Rúa/Estrada de
Reza, dende o Progreso.
Derribo
das 3 portas que quedaban. (Horta, Burga e Aira)
1842.- Acondicionamento Alameda do
Concello.
1843.- Cárcere no Campo do Outeiro.
1845.- Fundación do primerio Instituto de
Ensino, compartindo espacio co Seminario de S. Fernando.
1846.- Ponte Lebrón, cerca dos Remedios.
(Leva o nome do alcalde que a promocionóu)
1848.- Primeira obra de vivendas na
estrada de Vigo, no que sería Rúa do Progreso.(Ata entón alí só había talleres,
garaxes, cortes e alpendres e pendellos)
1849.- O belga Manuel Malingre instala
unha fundición de ferro en O Couto.
1850.- Un concelleiro (non galego)
propón, e o Concello aproba, cambiar os nomes das rúas por ser antiguos
(efectivamente os máis deles pasaban dos 500 ou 600 anos) e porque moitos deles
estaban en galego.
Núcleos rurais destacados a mediados de
século: Ervedelo, Ponte Pedriña, Barbaña ( logo Ponte Lebrón), Portovello,
Ponte Lonea, Cabeza de Vaca, A Granxa, Rairo, …
1851.- Exclaustrados os monxes dominicos.
Santo Domingo pasa a ser parroquia.
1860.- O Posío convértese en Xardín Botánico.
1861.- “Barrio Novo” na Corredoira. Dende
a igrexa de Sto. Domingo ata San Lázaro.
1865.- Edificio actual Deputación.
1866-1870.- Estrada a Santiago. Dende A
Ponte.
1867.- Rúa de Alba (C. Quiroga).
1873.- Travesía (lº tramo). Hoxe Paseo.
Tirando algunha casa da Rúa San Miguel.
1879.- Estrada Ourense-Ponferrada (por
Trives e Valdeorras).
Outras estradas (que darían lugar a
caseríos y barrios novos):
Monforte, Celanova, Cortegada, …
==============
Seguinte capitulo:
1881.- Inauguración FF.CC., en Canedo.