Cruceiro do Polvorín


foto

Este é un cruceiro dos menos coñecidos e, sen embargo, posiblemente sexa o máis antigo da cidade. (Castelao cítao no grupo dos máis antigos de Galicia.)

Está ao final da rúa Polvorín, na chamada, precisamente, Praza do Cruceiro do Polvorín, que é onde esa rúa se bifurca no Camiño Romano e na rúa dos Ponxos.

(Figura no Inventario de Bens do Concello.)

- Cruz flordelisada que no anverso ten a figura de Cristo crucificado e no reverso a da Virxe sobre peana co neno no colo.

- Columna sen capitel. De sección cadrada arriba e abaixo e octogonal no centro

- Basa octogonal

- Plataforma cuadrangular de 3 chanzos.

foto

               

Posición xeográfica: 42.3275822,-7.8691001



                     Cerrar                      Seguir