MAPA DOS RÍOS DE GALICIA

   PRESENTACIÓN E AXUDA

Este traballo pretende ser unha introducción á hidrografía fluvial de Galicia. O estudo consta de 6 mapas, 4 arquivos de texto (incluindo este) e 1 de imaxes.
A parte principal son os catro mapas das provincias con cada unha seus ríos. En total están contemplados os 150 ríos considerados por nós coma os principais. Xa sei que isto pode dar un resultado moi subxectivo, pero invito ós disconformes a que propoñan unha lista alternativa. Verán que non é tan doado determinar a importancia.
Como complemento preséntanse outros dous mapas de toda a rexión así como varia información textual. Remátase cunha presentación fotográfica.
Os seis mapas son interactivos e de doble entrada.

Mapas 1 a 4.- Son mapas das provincias por separado mostrando os principais ríos e encoros de cada unha delas.

Con cada río móstrase o seu concello do nacemento e o da desembocadura (se for distinto).

Serven para realizar funcións de LOCALIZACIÓN e IDENTIFICACIÓN. Para a primeira desas funcións colocar o cursor (sen premer) nun nome da lista adxunta. Para a segunda face-lo mesmo no trazado dun río no propio mapa.

Mapa 5.- Como complemento dos mapas provinciais anteriores este presenta todo o país mostrando aqueles ríos que descorren por máis dunha provincia.

Mapa 6.- Mostra a división de Galicia no aspecto público administrativo coas áreas competenciais dos catro organismos actuantes.

Descrición.- Resume as expricacións básicas máis elementais da hidrografía terrestre de Galicia.

Listados.- Son duas relacións: Unha dos 150 ríos incluídos nos mapas a cal, con forma de táboa, inclúe os datos de provincia, lugar de nacemento, desembocadura e concellos percorridos. A outra listaxe é a dos 15 encoros de máis capacidade.

Glosario.- É unha relación de palabras galegas relacionadas coa hidrografía (concretamente coa parte fluvial) así como as súas correspondencias en castelán e portugués. Non pretende ser exhaustiva e as palabras iguais non se contemplan.

Galería fotográfica.- Como o seu nome indica é unha presentación de diversas fotografías relacionadas con algún río galego.

Moitas grazas polo seu tempo e atención.