![]() |
OPINIÓN ("A Lingua Sentenciada") |
|||
|
| # 05 |
Manuel Vigo Prexubilado Tés razón no de "de entrada en galego". O outro día atendeume nunha consulta unha rapaciña moi nova falándole en castellano. Noutra circunstancia eu terialle falado tamén en castellano, pero dende o do "Ge Binte" tomei a determinación de falar de entrada en galego. Quedei sorprendido de ver como aquela rapaciña tamén sabía falar o galego e como falou comigo nese idioma sen atrancos. Quedeille moi agradecido. Enviado o mércores 11 de Novembro de 2009 ás 16:38 h. |
| # 04 |
Xulio A Estrada Eu fun un neno da súa xeración nacido nunha aldea na que a única lingua familiar era o galego. Para min foi un trauma que o mestre nos obligara a expresarnos en castelán exclusivamente, e cada vez que se che escapaba unha palabra en galego, "reglazo qu te crió" detrás das orellas.
Algúns veráns viña á aldea unha familia madrileña con fillos da miña idade cos que soía xogar. Eles falaban castelán, como é natural, e eu, para poñerme ó seu nivel, seguindo os "consellos" do mestre, trataba de quedar ben e de non ser menos, chapurreando un magnífico "castrapo", que, por suposto non me entendían. Cando ibamos ó río e me preguntaban que peixe era aquel que estaba na auga, eu contestaba cheo de razón: "Una trota", ou sexa, unha troita en perfecto castelán. Enviado o domingo 8 de Novembro de 2009 ás 23:31 h. |
| # 03 |
Antonio Ourense En xeral comparto as ideas do artigo, aída que creo que é demasiado extenso. Para min, que son un profano da Lingüística, éme moi dificil de asimilar todolos conceptos que vostede introduce. Ó meu entender, a idea que se quere transmitir queda perfectamente clara na primeira e na última entregas. Si ben, é de agradecer a docta explicación, que sirve para darlle nivel ó seu artigo. Enviado o domingo 8 de Novembro de 2009 ás 22:07 h. |
| # 02 |
Pepe Pontevedra Paréceme unha boa idea o “de entrada, en galego”. Observo que moita xente que foi galegofalante, especialmente funcionarios e comerciantes, “de entrada “ pregúntanche en castelán. Se ti contestas en galego, normalmente síguente, aínda que non todos. Os que máis se resisten son os máis xoves. Enviado o domingo 8 de Novembro de 2009 ás 21:48 h. |
| # 01 |
Maricarmen Orense No estoy de acuerdo con lo que usted dice de la epoca de Franco. No era eso que llama franquismo sino la sociedad. Yo era de una villa y estudié interna en un colegio de monjas. las monjas nunca se metieron conmigo pero las compañeras se reían de mi. Eso duele. y yo no quiero que se vuelvan a reir de mi. Enviado o sábado 7 de Novembro de 2009 ás 23:30 h. |