André Rieu, nacido en Holanda en 1949, é un famoso violinista, director e compositor. Á fronte da súa propia orquestra, a “Johann Strauss orchestra”, ten sona polo seu afán de dar a coñecer a música clásica especialmente entre o público novo.
Este vídeo, rodado en Cortona (unha preciosa vila da Toscana italiana, cabeza dun concello de 23.000 habitantes), reproduce parte dun concerto no que nos deleita con fragmentos de ópera (Rigoletto, Traviata, Nabucco, Carmen, Aída, etc.). Vemos como se fai co público e logo, ó mesmo tempo que escoitamos, temos que fixarnos -durante todo o vídeo- nas caras de felicidade da xente alí presente.