En 1863 inaugurouse a estrada de Villacastín a Vigo que pasaba bordeando Ourense, polas aforas, concretamente pola actual rúa do Progreso, pola Ponte Romana e, na outa beira do río, pola Avenida das Caldas.
A apertura desta vía de comunicación foi o detonante que propiciou o despegue urbanístico da cidade. Como se por esa estrada viñeran aires renovadores varrendo a mentalidade rutineira que facía pensar que a cidade non podía saírse do seu solar.
A burguesía dos novos tempos rivalizou por adornar esa nova rúa con grandes e preciosos edificios modernistas, todos en pedra de granito, que a converteron nunha rúa de personalidade única. A ambición e a ignorancia de mediados do século XX trocou a maioría daqueles edificios por outros impersonales, de cemento, iguais ós que se poden atopar en miles de novas cidades do mundo enteiro.