En 1873 deuse unha saída nova á cidade que daquela remataba polo Norte na rúa de San Miguel. Determinouse prolongar a rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal) e derrubando un edificio da antedita San Miguel trazouse un vial dereito ata o Campo de San Lázaro. Déuselle o nome de Paz Nóvoa inda que se coñecía como "A Travesía". Transcorría toda ela polo medio de viñedos, que axiña deixarían de selo.
Cando se fixo a Ponte Nova (1911-1918) continuouse ata alí esta "travesía", pero para atravesar o Campo de San Lázaro houbo que rebaixar o seu nivel que estaba á altura do que hoxe é o Parque.