MEMORIA DE OURENSE    


MENÚ PRINCIPAL:
INICIO
HOXENDÍA
MEMORIA
PROPIO
ALLEO
SORPRESA
REPORTAXE
MIXTURA
UTILIDADES
ARQUIVADOR
CONTACTO

Planos activos:

Plano Século XV

Evolución urbana


A Ponte Vella:

A Ponte Vella


Estampas urbanas:

Horta do Concello

Rúa Progreso

Rúa de Alba

Rúa do Paseo

Estatua do P. Feijoo

Campo de S. Lázaro

Campo dos Remedios

A Ponte Nova

A Diagonal

As orixes. As Burgas


HISTORIA DE OURENSE

(Resumo)


BISPOS
= EPISCOPOLOXIO =
(Os bispos de Ourense e a súa
repercusión na cidade)

Enlaces alleos:

"Rueiro da Vila Auriense"
De
"Ourense no Tempo"

Hoxe o río Miño atravesa a cidade, pero Ourense non naceu á beira deste río senón na cunca do Barbaña. Foi concretamente ó carón das fontes das Burgas, nas ladeiras de Monte Alegre, vertente pola dereita do val dese río.

A cidade mantívose durante varios séculos cun perímetro inalterado e unha área restrinxida -os arredores das Burgas e da praza Maior- e non foi ata mediados do século XIX cando encetou o seu desenvolvemento ó tempo que ían asomando novos casaríos nas distintas estradas que se acababan de construír (Villacastín a Vigo, Monforte, Trives, Celanova, ... Santiago, en Canedo, etc.)


© M.D.Q.-2007