Despois de aberto o Progreso, ós catro anos, a primeira rúa "moderna" foi a adicada hoxe ó Cardeal Quiroga Palacios. Era unha rúa que enlazaba a antigua ubicación da porta da Corredoira ca recén aberta rúa do Progreso. Viña ser unha paralela da rúa de San Miguel, pero inda sin conexión entre elas.
Uns veciños regalaron os terreos para abrila e, con ese motivo, pensouse en chamala Rúa do Favor, pero ó final quedoulle o nome de Alba por asentar nela unha Fundación que organizaba a misa de Alba da Catedral.
Máis tarde chamouse de Luis Espada e, logo, sucesivamente, Obispo/Arzobispo/Cardenal Quiroga.